Xavier Prado Lameiro posa coa súa segunda esposa, Dolores Montes, nunha fotografía de estudio tomada en 1907. Á dereita, portada do libro monográfico que lle dedica a Prado Lameiro o académico veterinario Alberto Portela Vázquez
CLICK PARA IR A LA VOZ DE GALICIA
Xavier Prado Lameiro (Ourense, 1874-1942) foi un veterinario adiantado ao seu tempo «ao insistir en que o futuro do agro galego reside na especialización cunha produción de calidade» e «desempeñou un rol semellante ao que xogaron Cruz Gallástegui ou Rof Codina no desenvolvemento económico e social do campo galego, traballando a prol da produción cualitativa e os avances científicos». Así o defende Alberto Portela Vázquez, da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia e presidente da Asociación de Historia Veterinaria Gallega (e vicepresidente no ámbito estatal) en Xavier Prado Lameiro. Legado cultural e social (174 páxinas, 10 euros), libro de recente edición pola Deputación de Ourense. Gallástegui (1891-1960) fundou a Misión Biolóxica de Galicia, e Rof Codina (1874-1967) promoveu en Lugo a primeira gran clínica veterinaria, entre outros recoñecidos méritos que fan deles referentes da profesión e de gran proxección, mesmo internacional.
Portela tamén reivindica un maior recoñecemento da produción literaria de Prado e exhuma obra inédita. Os dous comparten o traballo como funcionarios inspectores provinciais de hixiene en Ourense: Prado na primeira metade do século pasado e Portela na actualidade.
A asociación entre a profesión e a dedicación cultural de Xavier Prado foi recorrente e Portela ofrece diversos exemplos. En 1918, en La Voz de Galicia, xa o facía Rey Alvite; tamén o seu amigo Vicente Risco, no seu obituario; ou o veterinario Iglesias Hernández en 1974, cando Ourense honrou o centenario do seu nacemento; e en máis ocasións.
Lameiro está na literatura galega pola súa poesía e o seu teatro, dun repertorio costumista. Manuel F. Vieites, da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, salienta a «notable actualidade», de Luís de Castromouro e A retirada de Napoleón, rescatando este último texto en datas recentes o centro vigués, segundo refire no limiar deste volume. É lembrado no ámbito do xornalismo por participar na terceira etapa de O Tío Marcos d’a Portela, revista das Irmandades da Fala de Ourense, entre 1916 e 1919; e por constar como redactor xefe de Nós entre 1920 e 1923. Aínda que é por promover a Coral da Ruada polo que goza de maior recoñecemento, e este coro centenario mesmo outorga un premio co seu nome e entrega un busto en bronce de Lameiro como galardón. Na sede deste coro, Portela deparou coa produción literaria inédita: afirma que «tiña preparado o quinto tomo [de teatro] como para a súa próxima edición, que o titula Carantoñas», e publica seis traballos inéditos. Porén, por fundar e presidir o colexio veterinario de Ourense, polo traballo e polos escritos profesionais merece especial atención de Alberto Portela, que proclama a actualidade dalgunhas das súas propostas.
A pesar deses méritos, de atinxir «gran popularidade e o aplauso do público», ser homenaxeado en 1978 en Xinzo, ou ter reeditado a súa obra Marcos Valcárcel en 1995 e Caseiro Nogueiras en 2013, Portela atribúe a posición periférica actual de Xavier Prado, e que non se inclúa no Grupo Nós, pola deriva ideolóxica no final da súa vida, adherido ao partido Unión Patriótica, e por apoiar as ditaduras de Primo de Rivera e de Franco. Porén, Portela conclúe que «Galicia ten unha débeda de gratitude coa súa figura».
Manuel Vidal Alemán, creador del Colegio de Veterinarios de Palencia, el primero que se constituyó en España, fue un visionario de relevantes méritos, y por ello el primer estudio realizado so...
DescargarInformación Veterinaria nº 3 año 2024. ...
DescargarEl presente trabajo pretende recopilar de forma exhaustiva el conjunto de las producciones bibliográficas de diferente tipo que se han realizado sobre la veterinaria militar en España, así como los t...
Leer más...
DescargarAutora: María Belén de Alfonso Alonso-Muñoyerro “El goce del grado máximo de salud que se pueda lograr es uno de los derechos fundamentales de todo ser humano sin distinci&oacut...
Leer más